Hotel Mogay dende 1985. Todo comezou cos meus avós Carmucha e Pepe na Sala de Festas de Mogay. Os meus pais Ana e Pepe continuaron e emprendéronse na aventura do Restaurante do Hotel Mogay, onde a maioría dos veciños da comarca celebraban actos familiares.
No ano 2010 os nosos fillos asumiron o Hotel e Restaurante, tentando manter o legado de facer parte da nosa Familia a todos os que nos visitan. Jacobo actualizando equipamentos e instalacións no Hotel, e incorporando servizos de aloxamento nas casas de turismo rural. Antonio activa unha nova liña de negocio de restauración Faragulla Braseria e Eventos.
Jacobo Lorenzo Gay
Hotel Manager
O NOSO HOTEL
Este é un hotel cheo de vida
Ofrecemos unha forma máis humana, respectuosa e sinxela de relacionarse co medio, apostando por un tipo de hotel cómodo e funcional, cun toque de calidez. Porque queremos que te sintas como na casa, aínda que a deixaches.
A Ribeira Sacra é a nosa casa. É por iso que no Hotel Mogay apostamos por ser un Hotel sostible e por ofrecer aos nosos clientes todo o que necesitan para vivir unha experiencia única e inspiradora.
Proximidade e discreción, estamos para ti cando o necesites, o resto do tempo, disfruta do noso hotel no teu tempo libre, coma se estiveses na casa. O luxo é iso. Por iso nos gusta dicir que somos un hotel familiar.
Se es unha persoa á que lle gusta o teu traballo e queres aprender, envíanos o teu CV a
gestion@mogay.com e na medida do posible responderemos a todas as solicitudes.
Temos a ambición de contribuír a mellorar o noso entorno, poñendo no centro ás persoas.
xente, á Ribera Sacra e ao mundo. Pero non podemos facelo sós. Necesitamos ir da man dos nosos provedores, colaboradores e clientes. Por iso, é importante lembrar que cada hóspede que cruza o limiar do Hotel Mogay está cambiando o mundo connosco.
Traballamos xunto cos nosos provedores, colaboradores, clientes e comunidade cun espírito colaborativo, integrador e 'glocal'.